O albariño xa volve regar a festa en Cambados

    CAMBADOS> Tralo pregón, a atención desprazouse ata o Paseo da Calzada. Incluso antes do corte da cinta que marca, de xeito simbólico, a inauguración oficial da festa, os 42 stands xa traballaban arreo para atender todas as peticións dos primeiros clientes. Unha afluenza de público que tampouco pasou desapercibida para as autoridades. Precisamente, a condición de Cambados como Cidade Europea do Viño non pasou desapercibida. Para a alcaldesa, este feito é un motivo máis para celebrar por todo o alto esta edición número 65 da Festa do Albariño. Para a presidenta provincial, algo que fai máis especial a celebración deste ano. A Conselleira do Medio Rural tamén formou parte da comitiva que abriu a festa. Ángeles Vázquez fixo referencia á alta calidade dos caldos. Unha materia prima que é un dos principais atractivos desta festa. Atendendo á alta afluenza de público que se rexistrou nas pasadas edicións, o Consello Regulador decidiu incrementar o número de cataviños que estarán dispoñibles no Paseo da Calzada. Este ano, os stands poderán repartir ata 35.000 destas coptas que, ademais, contarán co logotipo de Cambados Cidade Europea do Viño 2017, como homenaxe á vila e ao sector. Xa dende hoxe, a festa non parará en Cambados ata o vindeiro domingo. Mañá será a inauguración do Túnel do Viño, que reunirá no Salón José Peña máis de 140 marcas pertencentes a 58 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.