Vilagarcía estrea metro minuto para percorrer a vila andando

VILAGARCIA> Vilagarcía reforza o seu proxecto de mobilidade co Vai a Pé. A través dunha guía o concello amosa o sistema de mobilidade do municipio con diferentes percorridos en bicicleta, bus e a andando. O manual, que inclúe un metro minuto, permite coñecer o tempo do traxecto entre diferentes puntos da vila.

O concello de Vilagarcía continúa coa súa aposta de converterse nunha cidade sostible cun modelo de cidade que de prioridade aos peóns ante os vehículos. A través do Vai, o programa de mobilidade sostible da Vila, dende Ravella lanzan unha guía coa intención de promover os desprazamentos a pé, en bicicleta e en bus.

A gran novidade do programa é o Vai a pé. A guía inclúe un metro minuto para coñecer o tempo do traxecto entre diferentes puntos da vila.

O concello repartirá 15 mil guías entre tódalas vivendas da localidade. O manual o entregarán diferentes colectivos da vila contratado a través de programas de inserción sociolaboral.

O metro minuto permite comprobar que as distancias entre a maioría de puntos de interese da vila son pequenas. Perfectamente pode coñecerse Vilagarcía con percorridos a pé ou en bicicleta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí