![]()
SALNÉS> Ambos acadaron a súa salvación matemática, sempre e cando no descenda o Celta de Vigo a 2ªB e o seu filial vease arrastrado á Terceira. En San Pedro os de Gabi Leis impuxéronse ó Verín por 2-0. Rápido e Céltiga empataron sen goles no Pujales.
{flowplayer}images/salnes/vilalonga_110509.flv{/flowplayer}
Un cuarto de hora bastoulle ó Vilalonga para sentenciar o seu partido ante o Verín, o que lle permite salvarse matemáticamente. Tan só un inesperado descenso do Celta a 2ª B arrastraría a un quinto equipo da Terceira a Preferente.
Os celestes puidéronse despedir da súa afección cunha victoria máis sinxela do previsto. Notouse que o Verín non se xogaba nada. Na primeira que tiveron os locais, Diego Blanco no errou. Era o minuto 10. Catro despois, Machu aumentaba diferencias, logo dunha rápida combinación na que o cambadés partíu en posición dubidosa.
O Verín prácticamente non inquietou a portería defendida por Gabi. Tan só no tramo final da primeira metade, cun par de achegamentos de Marcos Sotelo, o primeiro, que despexou ben Lozano e despois nas botas de Xurxo, que lanzou unha vaselina fóra.
A segunda metade prácticamente sobrou. O Vilalonga adicouse a defender a súa renta e a xogar con cabeza para manter o resultado. O Verín, xa salvado dende hai semanas e co plantel sen cobrar dende hai varios meses, non quixo facer un desgaste excesivo.
Con estes tres puntos o Vilalonga adianta ó Céltiga na clasificación e convírtese no mellor equipo do Salnés.
Quítallea ese honor ó Céltiga, que ten tamén 44 puntos, logo de empatar onte sen goles no Baltasar Pujales. Partido practicamente sen historia. Os dous equipos precisaban sumar un punto para acadar a salvación matemática e deberon de asinar un pacto de non agresión antes do pitazo inicial porque nin uns nin outros inquietaron a portería rival e conformáronse coa igualada sen goles.
Ademais, na Preferente Sur, destacamos outro descenso máis, o do Unión do Grove. Os mecos perden a categoría tras empatar onte ante o Cruceiro do Hío (2-2). Un partido que tiñan gañado a un minuto para o final pero que os locais igualaron no 94.
Por outra banda, o Sanxenxo goleou ó Marín por 2-5 e o Ribadumia ó Barco 1-4.
Redacción Salnés








