![]()
VILAGARCÍA > Xa se atopa en Vilagarcía o Vell Marí, un veleiro científico patrocinado pola Obra Social de la Caixa, …
… que está a percorrer o Mediterráneo e o Atlántico para recuperar a fauna mariña. Ó longo desta semana os escolares arousáns poderán participar nunha campaña educativa onde se lles concienciará da importancia de conservar o medio mariño.
A Obra Social de la Caixa e maila Fundación CRAM acaban de atracar no porto de Vilagarcía o Vell Marí, o primeiro hospital en alta mar para a recuperación de fauna mariña. Despois de percorrer o mar Mediterráneo en 2006, este ano tócalle o océano Atlántico. Xa estiveron en Canarias e Madeira e agora estudan os ecosistemas mariños das rías de Vigo e Arousa. Co apoio dun vehículo subacuático de operación remota, que pode baixar ata 500 metros de profundidade, están a obter imaxes do ecosistema formado polas algas maërl.
Esta campaña científica vai acompañada doutra educativa. Xa estiveron en Vigo e esta semana achegarán os seus coñecementos ós escolares de Vilagarcía, para despois trasladarse á Coruña e Ferrol. En total uns 4 mil escolares poderán visitar as instalacións do veleiro científico Vell Marí, o quirófano, equipos de rescate e instrumental que empregan para a intervención de animais feridos. Pero antes, na aula móbil tres monitores especializados en educación mediomabiental explicarán durante unha hora ós escolares de primaria e secundaria a importancia de conservar a biodiversidade mariña e posibles solucións ó seu alcance para paliar os efectos negativos.
Redacción Salnés









