Teófilo Comunicaciones entrega a Cáritas beneficios dunha publicación

    teofilo_100.jpgO GROVE> O director e editor de Teófilo Comunicaciones, José Luís Teófilo Piñeiro, entregou esta mañá á Asociación Cáritas do Grove, …

    {flowplayer}images/salnes/080509_doazon_teofilo.flv{/flowplayer}

    … parte do recadado ata o de agora ca venda do libro “ O Grove , foron outros tempos”. En total foron mil douscentos euros a achega resultante da comercialización de 400 exemplares desta obra. Uns cartos que servirán para axudar a esta ong nos seus proxectos diarios de axuda a persoas con risco de exclusión social.

    O libro en cuestión trátase dunha publicación etnográfica que recolle, ó longo de 400 páxinas, relatos e imaxes de autoría colectiva, na que colaboraron activamente varios veciños do Grove. O éxito do mesmo foi tal que xa se baralla unha nova reedición.

    O mérito desta publicación é meirande si se ten en conta que só fai un mes que saíu do prelo. Desde Teófilo Comunicaciones comprometéronse tamén en achegar unha copia do libro ata esta asociación de beneficencia.

    Redacción Salnés