Extrugasa e Tito Díaz renovan o seu contrato por un ano

extrugasa250_080509.jpgVILAGARCÍA> A directiva do Extrugasa ofreceu unha rolda de prensa na sede do club na que confirmaron que Tito Díaz seguirá sendo o adestrador do conxunto vilagarcián. Ambas partes chegaron a un acordo onte á tarde para prolongar o contrato do lucense por un ano máis con posibilidade de amplialo si é que o equipo ascende.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_080509.flv{/flowplayer} 

Tito Díaz e Extrugasa chegaron a un acordo para darlle continuidade á vinculación entre ambas parte durante a vindeira temporada. O contrato será por tan só un ano, prorrogable a outro máis no caso de que se acade o ascenso. Un reto que Tito Díaz asume que valentía.

Pola súa parte o vicepresidente deportivo do club vilagarcián, José Antonio Gorgoso afirmou que a intención da directiva sempre foi que Tito continuara. Salientou a necesidade que ten o Extrugasa de facer unha reestructuraciuón completa, dende a canteira ó primeiro equipo, que faga medrar a masa social do club.

Asumen que este novo proxecto é de dous anos, no que o primeiro obxectivo é meter o ano quen ó equipo na fase de ascenso. No que aínda non comezaron a traballar foi na confección do plantel. Eso sí, pese a non estar pechado aínda, o presuposto deste ano será menor.

A canteira terá un importante papel no primeiro equipo, pero haberá que completalo plantel con fichaxes. Unha vez asumiron que a maior parte das do ano pasado non renovarán, incluida Sara Gómez, o que quere Tito Díaz é xogadoras comprometidas coa cuasa do Extrugasa.

Agora tócalle ó técnico lucense un intenso traballo de scouting, de búsqueda desas mulleres que o den todo por devolver ó equipo á máxima categoría do baloncesto feminino nacioonal.

Redacción Salnés