VILAGARCÍA> Incerteza entre varias familias de Vilagarcía con nenos con necesidades especiais ao descoñecer o futuro centro ao que derivarán aos seus fillos. O Sergas non renovou o concerto que tiña cun centro da vila e os pequenos quedarán sen atención o día 31 de decembro. As familias desexan que os nenos sigan na vila e piden á consellería que os informe canto antes.
Dende hai anos o Sergas mantiña un concerto co centro Ana María Parada para atender aos menores con necesidades pedagóxicas. Unha colaboración que a consellería non renovou este ano, polo que o centro non poderá continuar atendendo aos pequenos.
A nai lamenta que o Sergas non continúe colaborando con este centro, xa que a súa filla estaba mellorando considerablemente.
Como a súa filla, nesta situación atópanse decenas de nenos na comarca. Cata asegura que para os nenos sería moi importante continuar neste centro.
En principio, os nenos non deixarán de recibir a atención logopeda, pero as familias aínda non saben a que centro serán derivados.
Ata o día 31 os nenos continuarán sendo atendidos no centro Ana María Parada. Pero a tan só dúas semanas de esa data, o centro e vila na que serán tratados os seus fillos continúa sendo unha incógnita.