Cambados desinfecta os seus colectores do lixo e pide aos veciños que non os toquen

CAMBADOS> Tódolos concellos da nosa contorna continúan desinfectando rúas ou mobiliario urbano para loitar contra o coronavirus. Un deses municipios é Cambados, onde nas últimas horas levaron a cabo unha profunda limpeza dos colectores do lixo.

Ademais, dende o Concello recomendan ós veciños non toca-las tapas dos contedores e deixalas abertas. Din que dese xeito poderíanse evitar novos contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí