Atopan ó desaparecido de Xerez da Fronteira en Vilanova

    desaparecido100_221007_001.jpgVILANOVA > Apareceu con vida o varón coas iniciais JPM de 82 anos, veciño da cidade andaluza de Xerez da fronteira desaparecido …

    …na noite de onte en Vilanova de Arousa en estrañas circunstancias, provocando a preocupación dos seus familiares xa que o home sofre o principio dunha demencia senil. A xornada finalmente rematou en final feliz.

    O redor deste mediodía foi atopado en bo estado de saúde. Unhas vacacións que puideron rematar en traxedia. Os feitos comezaron no día de onte pola noite cando JPM de 82 anos de idade natural de xerez da Fronteira decidiu ir dar un paseo e non votou ó hotel onde se aloxaba coa súa muller. Ámbolos viñan de excursión xunto con outros compañeiros andaluces.

    Efectivos da policía e garda civil da zona rastrearon os arredores sen éxito ata que esta maña unha veciña que se atopaba traballando no lugar das Anclas en Vilanova atopaba ó desaparecido

    Dende  a  ventá  da casa onde a traballaba, a moza decatouse de que un home estaba tirado boca abaixo tentando levantarse sen poder conseguilo. Así no lo relatou a rapaza, que asustada chamou á policía para que o viñeran atender. Mentres tanto a veciña comprobou que JPM non razoaba ó non parar de dicir que quería ver a Felipe González.

    A policía local de Vilanova foi a primeira en asistir ó home que aínda que estaba desorientado, gozaba de moi boa saúde Agora segue ingresado no Hospital do Salnés con tratamento de soro. Por precaución continuará en observación 24 horas.

     

    Redacción Salnés