Pontevedra prepárase para a Copa de Europa de Triatlón

triatlon250_110509.jpgPONTEVEDRA> O Centro de Tecnificación de Pontevedra acolleu esta mañá a presentación da proba da Copa de Europa de Triatlon que se disputa esta fin de semana na cidade do Lérez. Javier Gómez Noya foi o foco de atención, o ferrolán defende o título colleitado o pasado ano.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_110509.flv{/flowplayer} 

O triatlon volve a Pontevedra por segundo ano consecutivo cunha proba da Copa de Europa, que se disputa o domingo. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa e o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva, amosáronse todos moi satisfeitos porque a cidade do Lérez volva a acoller un evento destas características.

A celebración e o éxito da proba da Copa de Europa presúmese vital, xa que a principios do vindeiro mes de xullo a Federación Europea de Triatlón dará a coñecer a sé do Europeo de 2011, ao que aspira Pontevedra xunto a unha cidade alemana e outra de Inglaterra,

A nivel deportivo, pouca variación. O percorrido será prácticamente o mesmo, agás na carreira a pé na que se farán uns pequenos retoques. Daranse cita preto dun centenar de participantes, entre eles dez deportsitas galegos. Por suposto, o gran favorito será Javier Gómez Noya, que xa venceu o ano pasado. Este ano o terá nada sinxelo xa que o nivel será altísimo. Entre os favoritos suizo Stefan Rieder, bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004; Simon Whitfield, actual subcampión olímpico e ouro en Sydney, e o ruso Polianski. Noya quere gañar diante da súa afección pero sabe que o importante para el chegará dentro duns meses, coas Series Mundiais e a Copa do Mundo.

Quizais a única mala nova é que as previsións meteorlóxicas non son nada boas para o domingo. Xa o ano pasado os triatletas tiveron que enfrontarse a unhas condicións climáticas moi adversas. Nesta ocasión tamén prevese moita choiva.

Redacción Salnés