Boiro será sede do Campionato de España de Triatlón por Clubs e Relevos Mixtos

BOIRO> A cita, organizada pola Federación Española de Triatlón, terá lugar o 22 e 23 de xuño e nela tomarán parte preto de mil douscentos deportistas chegados dende todo o ámbito nacional.

Esta mañá tiña lugar no Concello o acto de presentación do Campionato de España de Triatlón por Clubs e Relevos Mixtos. Unha proba que se disputará os días 22 e 23 de xuño e que será ademais puntuable para a Liga Nacional de Clubs. A competición, organizada pola propia Federación Española de Triatlón, é unha das máis espectaculares desta modalidade deportiva en auxe.

Dende a Federación destacaron a implicación do Concello para que esta proba saíse adiante.

Pola súa banda o alcalde, Xoán Xosé Dieste, fixo fincapé na aposta forte realizada polo Concello para poder acoller este Campionato, do máis alto nivel competitivo, xunto a outras grandes cidades da xeografía nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí