Aguiño celebra por todo o alto o seu 50 aniversario

    aniversarioaguino_100_110509.jpgRIBEIRA> Nos actos conmemorativos, que se desenvolveron na propia igrexa parroquial, participaron centos de persoas .

    {flowplayer}barbanza/aniversarioaguino.flv{/flowplayer}

    A igrexa de Aguiño quedou pequena para acoller aos centros de persoas que asistiron aos actos de celebración do cincuenta aniversario de segregación da parroquia de Carreira. A Asociación Cultural e Veciñal Francisco Lorenzo Mariño foi a encargada de organizar estas celebracións co apoio de entidades culturais, empresarias e sociais da comarca.

    Entrega distintivos

    Tras a eucaristia presidida polo Arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, entregáronse os distintivos creados pola entidade cultural. O aguiñes de Honra recaeu en Andrés Torres Queiruga, filósofo e teólogo aguiñés por impulsar numerosas iniciativas sociais, culturais e veciñais. O galardón aguiñés de Artes foi para Manuel Ayaso e Ricardo Pérez Queiruga, ex alcade de Ribeira recibiu a distinción de benefactor de Aguiño. O acto pechouse coa entrega dos galardóns Amigos de Aguiño ao filósofo Xosé Chao Rego, ao mestre e xornalista Manuel Dourado Deira e o sacerdote Manuel Espiña Gamallo. Tras o acto relixioso, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer e o arcebispo santiagués descubriron unha praca conmemorativa no adro da igrexa en lembraza desta efeméride.

    Redacción Barbanza