![]()
SALNÉS> O Vilalonga recibe ó Ordes en San Pedro, onde levan catro partidos sen perder. O Portonovo desprázase a Vilalba para enfrontarse ó quinto clasificado.
{flowplayer}images/salnes/PreviaTerceira.flv{/flowplayer}
O Ordes chega a San Pedro nun dos seus mellores momentos. Levaba 11 partidos sen coñecer a vitoria ata que o domingo pasado caeron na casa ante o líder, o Cerceda.
Ademais son un equipo forte fora da casa e os seus números a domicilio son dos mellores. Levan gañados os seus últimos 5 desprazamentos e dende logo chegarán a San Pedro buscando acadar o sexto.
Enfronte atoparanse cun Vilalonga que tampouco llo vai poñer fácil. Só o separan dos coruñeses 2 puntos e tratarán de acurtar distancias neste encontro. Os de Gabi Leis levan dende o 26 de setembro cando caeran contra o Alondras sen perder en Baltar.
O Ordes conta nas súas filas cunha baza importante, Carlos Padín que chegou ó equipo fai dúas semanas procedente do Pontevedra e que é sen dúbida o seu maior perigo. Pero os coruñeses non poderán contar con Petter Rocha nin Álex Castro e aínda é dúbida Javi Álvarez.
Ós da casa pola súa banda teñen as baixas de Mechor, e Miguel Abal.
Portonovo
E aínda máis difícil é o que lle espera ó Portonovo. Os de Jacobo Molina desprázanse a Vilalba para enfrontarse ó quinto clasificado, o Vilalbés que está a un paso de meterse no play off e que leva 5 partidos se perder. Os de Baltar levan 7 encontros sen gañar e os puntos fánselles cada vez máis necesarios.
Redacción Salnés







