A provincia rexistra o 70% dos afectados por EREs en Galicia

    touris_beatriz_mato100.jpgPONTEVEDRA> Así o manifestou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no encontro mantido co delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    A conselleira de Traballo e Benestar transmitiulle hoxe as cifras de emprego na provincia, ao delegado territorial en Pontevedra, coa fin de estudar xuntos varias medidas para frear o paro.

    É intención da consellería acelerar a tramitación das axudas á dependencia en Pontevedra. Polo de agora hai presentadas 20.000 solicitudes na provincia, das que están resoltas 3.600, o que supón o 17% do total. O 73% dos dependentes de Pontevedra aínda non recibiron un euro, da administración, tal e como garante a lei de Dependencia.

    Con respecto á folga no sector do metal, a conselleira mostrouse positiva. Beatriz Mato asegura que se chegará a un acordo, froito das reunións que se retomaron na xornada de onte. A conselleira de Traballo animou aos sectores a dar cunha solución ó conflito, agora máis que nunca.

    Ao encontro presidido polo delegado territorial en Pontevedra acudiron tamén os directores xerais da consellería de Traballo e Benestar da Xunta.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/130509_TOURIS_CON_CONSELLEIRA_TRABALLO.flv{/flowplayer}