Contratos precarios e salarios baixos dominan o mercado laboral feminino

    4

    situacion_laboral_muller__100_050409.jpgPONTEVEDRA> Así se recolle nun informe elaborado por CCOO sobre a situación das traballadoras na comarca.

    {flowplayer}images/salnes/050309_situacion_laboral_muller.flv{/flowplayer}

    Se atendemos a criterios de poboación, as mulleres supoñen preto do 53 por cento dos habitantes da comarca. Sen embargo, esta maioría feminina non se reflicte no mercado laboral. As mulleres seguen a desempeñar traballos que requiren pouca cualificación, con salarios máis baixos cós homes e contratos precarios.

    A pesar da crise e a perda de postos de traballo que está a ocasionar, polo de agora o desemprego non está a afectando de xeito masivo ás mulleres.

    Á marxe dos servizos, mantense a desigualdade laboral entre homes e mulleres con idéntica formación, a pesar de ser o feminino o sector maioritario nas universidades.

    Segundo a Secretaria da Muller de CCOO, Luz Nercellas, a solución a esta situación pasa por cambiar o modelo social e educar a homes e mulleres en materia de igualdade.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR