Boiro recibe trescentos mil euros adicionais da Deputación para afrontar a crise do COVID-19

BOIRO> A Deputación da Coruña achega trescentos mil euros adicionais ó concello de Boiro para paliar os efectos da Covid-19. Ademais de reforzar os servizos sociais, os fondos destinaranse a mellorar a accesibilidade en varias parroquias do municipio.

O deputado provincial responsable da área de Asistencia ós concellos, José Manuel Lage, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Boiro para analizar as necesidades do municipio durante a crise sanitaria. O municipio barbanzán recibirá trescentos mil euros adicionais no marco Plan Único para o reforzo de determinados servizos como o de asistencia no fogar.

Tamén se destinará unha partida para acometer un proxecto de accesibilidade que mellorará infraestruturas municipais en catro parroquias de municipio.

Esta axuda adicional enmárcase nunha achega extraordinaria que vén de aprobar a Deputación por máis de dezanove millóns de euros en toda a provincia. As contías das que se beneficiará os concellos do Barbanza ascenden, en total, a dous con dous millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí