O PP asegura que a capitalidade non corre risco

    telmo100.jpgPONTEVEDRA> O presidente provincial do PP e o portavoz local compareceron para tranquilizar á cidadanía. Ambos culpan a Lores de empregar o tema con fins partidistas.

    Ante a polémica xurdida na tarde de onte, o PP compareceu, hoxe, para defender a figura do delegado territorial en Vigo.

    O portavoz do PP na cidade de Pontevedra asegura que os pontevedreses non teñen nada que temer e que Pontevedra seguirá sendo a capital da provincia. Telmo Martín criticou o papel que está a levar a cabo o alcalde ao empregar este tema con fins partidistas. E animou ao primeiro edil a ocuparse de temas importantes para Pontevedra.

    O presidente provincial do PP e presidente da Deputación, Rafael Louzán, tivo tamén hoxe, duras palabras para o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Rafael Louzán presentou un decálogo de proxectos que Miguel Anxo Fernandez Lores non sacou adiante en dez anos ao fronte do Goberno local. Entre estes plans figuran garderías, centros de día, residencias para maiores, a futura circunvalación de Pontevedra, ou o Hospital.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/140509_louzan_telmo_por_capitalidade.flv{/flowplayer}