O Paseo da Ribeira estará pechado ó tráfico durante tres meses por mor das obras

RIANXO> A empresa Proyecon, que executa as obras de saneamento e ampliación da EDAR de Rianxo, vai realizar un novo corte de tráfico no Paseo da Ribeira, á altura do cruce da Peirao da T, na zona do estreito. O peche será efectivo a partir de mañá mércores e por un período de aproximadamente tres meses.

Durante un período de tres meses aproximadamente, volverá a pecharse ó tráfico o Paseo da Ribeira, á altura do cruce da Peirao da T, na zona do estreito. Así o comunicaron esta mañá responsables da empresa Proyecon, que executa as obras de saneamento e ampliación da EDAR, durante unha reunión no Concello, na que tomaron parte tamén técnicos de Augas de Galicia, e representantes da Confraría, da Asociación Rianxeira de Empresarios e da Asociación Somos Rianxo.

O peche á circulación nese tramo de rúa iniciarase a partir de mañá mércores. Afectará á circulación rodada en distintas fases de implantación no tramo comprendido entre o peirao de Setefogas á zona dos xardíns.

O tráfico de vehículos lixeiros que pretendan acceder ó casco antigo e á zona portuaria, así como o tráfico de vehículos pesados, deberá efectuarse pola estrada de Tanxil, utilizando o itinerario habitual pola rúa Rosalía de Castro/Estrada de Rianxiño, rúa Arcos Moldes e cruce de Xogo dos Bolos.

Para dar servizo ós comercios e establecementos hostaleiros da zona que puideran verse afectados, a Policía Local habilitará zonas de carga e descarga e parking express na praza de Rafael Dieste debidamente sinalizados

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí