Pontevedra manifestarase “en defensa da capitalidade” o vindeiro 19 de xuño

    casal_lores100.jpgPONTEVEDRA> PSOE e BNG consideran que o novo cargo de delegado Territorial da Xunta en Vigo, menospreza á cidade como capital de provincia.

    A convocatoria decidiuse, de xeito unánime, na reunión que se celebrou na tarde de onte, no concello, e na que participaron varios grupos políticos e veciñais.

    BNG e PSOE están en contra da creación dun delegado territorial da Xunta en Vigo, que exerce as mesmas funcións que o delegado en Pontevedra. Socialistas e nacionalistas consideran que, con esta decisión, a Xunta menospreza o papel de Pontevedra, como capital e centro da provincia. Por iso organizouse unha plataforma social e política que pedirá a supresión do representante autonómico na cidade olívica.

    O partido popular en Pontevedra, encabezado por Telmo Martín, está en contra da protesta e asegura que o delegado en Vigo non lle restará importancia a Pontevedra, como capital de provincia. Un argumento que non comparte a socialista Teresa Casal.

    De xeito paralelo á protesta, vaise remitir un escrito ó presidente da Xunta, para que elimine a figura do delegado territorial en Vigo.

    Na marcha, prevista para o 19 de xuño, vanse facer outras reivindicacións históricas, da cidade de Pontevedra, como capital de provincia. Dende o concello animan á sociedade a participar na protesta prevista para o mes de xuño. Nas vindeiras semanas haberá reunións abertas a tódolos colectivos da provincia que se sintan identificados coa causa.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/140509_manifa_por_capitalidade.flv{/flowplayer}