Os traballadores do Hospital do Barbanza gardan un minuto de silencio trala morte dun traballador

RIBEIRA> Un accidente laboral acontecido a pasada tarde no Hospital do Barbanza saldouse coa morte dun traballador. O operario resultou electrocutado cando traballaba na instalación do sistema de climatización en quirófano. O persoal da centro gardou esta mañá un minuto de silencio na súa memoria.

Os traballadores de Hospital do Barbanza concentráronse esta mañá ás portas do centro, onde gardaron un minuto de silencio pola morte dun traballador. O sinistro producíase a pasada tarde cando un operario dunha empresa externa que traballaba na instalación do sistema de climatización do quirófano resultou electrocutado.

Malia que o accidente produciuse na propia planta de Urxencias polo que a atención foi inmediata, non se puido facer nada por salvarlle a vida. Dende o comité de empresa do hospital quixeron con este sinxelo acto solidarizarse cos achegados da vítima e reivindicar a seguridade no traballo.

A Policía Nacional investiga agora as causas do suceso que lle custou á vida ó traballador, un home duns 50 anos, natural de Oza-Cesuras. A empresa, con sede en Miño, iniciara os traballos apenas un día antes deste tráxico suceso