Iniciada a renovación do parque infantil das Abesadas

    RIBEIRA> O concello ribeirense acometerá a renovación integral e ampliación do parque infantil das Abesadas. Os operarios xa procederon ó valado das área de actuación. A obra será acometida pola empresa Oziona Soluciones de Entretenimiento, S.L, cun investimento de noventa mil euros euros e un prazo de execución son dous meses. O parque actual será ampliado ocupando parte da zona axardinada que o rodea actualmente. Para tal fin, será preciso escavar a terra vexetal existente ao efecto de estender unha capa de formigón de dez centímetros de espesor. Na área de xogo, de 690 metros cadrados de superficie, disporanse moi diversos elementos. En primeiro lugar unha estrutura multixogos de características parecidas ao doutras áreas infantís recentemente instaladas noutras zonas do municipio. Ademais, o parque contará cun xogo rocódromo realizado en poste de aceiro galvanizado, un xogo balancín, un xogo muelle, un columpio de dous pórticos con dous asentos planos e dous asentos para bebés e un columpio con asento de cesta para varios usuarios. Todo isto, sobre un pavimento con caucho continuo de catro centímetros de espesor que ocupará a totalidade da zona infantil. Unha valle perimetral de polietileno de alta densidade de 80 metros de altura completará a actuación.