A Xunta licitará a rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín por 1’3 millóns de euros

BOIRO> A Xunta de Galicia investirá máis dun millón de euros na rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín en Boiro. Esta actuación enmárcase no paquete de melloras en centros educativos que acometerá a administración autonómica nos primeiros meses de 2026, no que tamén figura un investimento para a reconstrución da pista deportiva do IES Porto do Son.

A Xunta de Galicia licitará antes de fin de ano as primeiras 16 obras en centros educativos das previstas para o exercicio de 2026 que superan nesta primeira fase os 16 millóns de investimento. Na comarca, Boiro será o principal beneficiario coa rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín. Educación destinará 1’3 millóns de euros a esta obra, longamente demandada pola comunidade educativa, ante as importantes necesidades que presenta o centro.

O paquete destas primeiras obras, inclúe tamén unha partida de 280 mil euros para a reconstrución do peche lateral da pista deportiva que sufriu un derrube tralos temporais do pasado inverno. Instalaranse penais prefabricados de formigón e chapa ondulada microperforada de aluminio. Procederase tamén á instalación dunha nova cuberta na zona de vestiarios.