O Partido Socialista liderará o novo goberno de Boiro

BOIRO> Agora só resta dilucidar como será ese goberno. Se ben o fará a modo de coalición, cun executivo a catro: PSOE, BNG, Boiro Novo e IC Boiro; ou ben en minoría, con acordos puntuais para sacar adiante determinados proxectos.

Todo está practicamente decidido e finalmente si haberá cambio de goberno en Boiro. O Partido Socialista, co apoio de BNG, Boiro Novo e IC Boiro, será o encargado de liderar ese cambio, unha vez que o PP perdeu a maioría absoluta. O seu candidato, José Ramón Romero, está a manter estes días contactos co resto de formacións que apostan por unha renovación na alcaldía. E todas se mostran favorables a ese cambio.

Unha vez conseguidos os apoios necesarios para a investidura, falta agora por determinar como se formalizará o futuro goberno.

Dende as filas socialistas agardan a que as negociacións estean xa pechadas a principios da semana que vén.