O Concello de Sanxenxo presenta uns orzamentos baseados na austeridade

    SANXENXO> O Concello de Sanxenxo ven de dar a coñecer o seu orzamento para este ano 2009, que ascende a unha cuantía real de 55.247.465 euros. {flowplayer}images/salnes/180509_presuposto_sanxenxo.flv{/flowplayer} Neste documento económico apreciase unha baixa de 10 millóns de euros con respecto ó do ano anterior, debido, á contención do gasto e o descenso dos ingresos urbanísticos. Este montante global dividirase en varios apartados nos que se contempla o orzamento da entidade local, e nos orzamentos dos organismos autónomos Terra de Sanxenxo e Xerencia Municipal de Urbanismo; así como nas sociedades mercantís municipais, Nauta Sanxenxo e Ínsula Sanxenxo; sendo a entidade local a que acapara un maior volume orzamentario. Malia a reducción do orzamento, o Concello de Sanxenxo manterá a súa política social, dotando para iso duns 5.2 millóns de euros ó organismo Terra de Sanxenxo. Nesta anualidade, o Concello de Sanxenxo decidiu que non fará uso de préstamos habilitados por outras administracións para levar adiante proxectos,nin tampouco venderá patrimonio municipal ata que se supere esta etapa de crise. Visto este orzamento, o Concello aposta, máis que por iniciar novos proxectos por continuar cos que xa están en marcha. Porén si comezará a executar neste exercicio actuacións como a da cidade deportiva de Sanxenxo, e o centro sociocultural e gardería do Revel, en Vilalonga. Redacción Salnés