Novo intento de Garavilla de levarse a maquinaria de Cuca

     VILAGARCÍA> A policía evitou esta mañá que as mulleres interrumpisen a entrada de catro camións na fábrica para retirar a maquinaria

    {flowplayer}images/salnes/DesmantelamentoCuca_050413.flv{/flowplayer} 

    Novo capítulo no conflicto entre Garavilla e as traballadoras da conserveira Cuca. A policía evitou esta mañá que as mulleres interrumpisen a entrada de catro camións na fábrica para retirar a maquinaria. As cinco traballadoras que facían garda fixeron sonar a sirena da lonxa para avisar ó resto de compañeiras e impedir a saída dos camións. 

    Unha situación que colleu por sorpresa ás traballadoras de Cuca. Sí que agardaban que Garavilla movese ficha logo de que as negociacións non chegaran a bo porto, pero esperaban que este intento de retitar a maquinaria non se produciría ata a celebración do xuízo o vindeiro mércores en Pontevedra. 

    Os catro camións continuaban esta tarde sen poder saír da fábrica. Si que deixaron que se marchasen os gardas de seguridade, pero a pé. 

    Trala decisión de Garavilla de rexeitar dar garantías de traballo ás mulleres por tres anos e de indemnizalas baixo os termos solicitados polos sindicatos, as empregadas de Cuca coa axuda do pobo de Vilaxoán intensificarán as gardas diante da fábrica e agardarán que a partir do vindeiro mércores a xustiza se poña da súa parte e faga recuar á dirección da empresa nas súas intencións de desfacerse do plantel.

    Redacción Salnés