Rexeitan a arbitrase por ser un sistema ‘imposto’ ó servizo de NGB

    manifestopreferentes copia.jpg VILALONGA> Os afectados polas preferentes piden crear un fondo de garantía de depósitos ou a ‘devolución íntegra’ ós que pasen situacións económicas precarias.

     {flowplayer}images/salnes/MANIFESTO_PREFERENTES.flv{/flowplayer}

    Seguen a definirse como aforradores estafados e non pensan dar o seu brazo a torcer ante a proposta de arbitraxe aprobada por Europa e liderada pola Xunta. Representantes dos máis de trescentos de afectados na comarca do Salnés reuníronse en Vilalonga para ler un manifesto no que deixan patente a súa desconfianza co sistema da arbitraxe. Primeiro porque, din, é Novagalicia Banco a que impón unha vez máis as condicións.

    Botan en cara ós mandatarios que se estean a seguir ó pé da letra as directrices indicadas desde Bruxelas sen tomar a iniciativa e velar polos seus intereses. Xa que coas preferentes, alegan, non só perderon eles como aforradores, senón a sociedade. Porque de ter agora eses cartos poderían mercar e reactivar a economía galega.

    Pero os afectados dubidan tamén da imparcialidade que manteña o árbitro, neste caso a Xunta de Galicia. Un cuestionamento que chega mentres o Instituto Galego de Consumo vén de informar que se están a reforzar os servizos de atención ós afectados, posto que na última semana aumentaron nun 33,5 por cento as solicitudes de arbitraxes. Nestes intres 3.027.

    Como alternativa, esixen a incorporación no fondo de garantía de depósitos do cen por cen dos aforros atrapados e a ‘devolución íntegra e inmediata’ a aqueles afectados que atravesen una situación económica precaria. Para os demais demandan a conversión dos fondos ou un prazo fixo con intereses a convir por un período de tempo non superior a tres anos.

    Redacción Salnés