Polyansky róuballe o título a Gómez Noya nun apretado final

triatlon250_180509.jpgPONTEVEDRA> Milleiros de pontevedreses botáronse á rúa un ano máis para ver de preto o desenvolvemento da Copa de Europa de Triatlon. Como xa sucedera o ano pasado, as condicións climáticas foron adversas. O que non se repetíu foi o triunfo de Javier Gómez Noya, que rematou segundo tras ser superado nos últimos metros polo ruso Polyansky.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_180509.flv{/flowplayer} 

Máis de 25.000 persoas arrouparon onte nas rúas de Pontevedra ós participantes na proba da Copa de Europa de Triatlon, repetíndose o éxito da edición precedente. A gran maioría deles apoiando ó ídolo local, ó pontevedrés de adopción Javier Gómez Noya, que non puido reter o título. E iso que foi por diante durante a meirande parte da competición pero o actual campión do mundo notou a súa inactividade, xa que levaba nove meses sen actuar en competición oficial por unha lesión.

Noya situouse segundo tralo primeiro sector de natación tan só superado por Marco Rivera, o recordman de España de 1.500 metros. Noya fixo despois a transición máis rápida e recurtou os 41 segundos de desvantaxe para formar un dúo en cabeza no tramo a bici.

Conservaron a vantaxe e entraron na segunda transición con 52 segundos de diferencia sobre o grupo perseguidor. Noya deixou cortado ó seu compañeiro de viaxe na carreira a pé, pero por detrás Dimitry Polyansky recurtaba distancia.

O campión do mundo resistíu o ataque ata 300 metros para o final, onde o ruso exprimíuse ó máximo para pasar a Javi e levarse a victoria.

A frustración do ferrolán foi evidente. Logo en frío recoñeceu non estar decepcionado por un resultado positivo a estas alturas de temporada.

Sven Riederer, foi terceiro e completou o podium. Mentres que a xoven promesa galega, Óscar Vicente, rematou no posto 21.

En categoría feminina a checa Radka Vodickova levouse o triunfo. A alemana Svenja Bazlen foi segunda e a rusa Olga Dmitrieva terceira. A mellor española foi María Pujol que entrou décima. A galega Saleta Castro foi 24ª.

Redacción Salnés