Victoria e liderato para un Extrugasa imparable

extrugasa250_110110.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa rematou de xeito inmellorable a primeira volta do campionato. Fíxoo cunha contundente victoria ante o Cáceres 2016 por 38 puntos de diferencia. O partido quedou visto para sentencia no primeiro cuarto. As de Tito Díaz son líderes en solitario da competición.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_110110.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa rematará a primeira volta como líder da LF2. Un liderato virtual, debido ó aprazamento do encontro entre Arranz Jopisa Burgos e Ensino. De gañar as lucenses o basketaverage colocaríalles no primeiro posto.

A estas alturas ser primeiras ou segundas non preocupa ás vilagarciáns, máis interesadas en ir pulindo defectos e sumando victorias. O sábado o rival puxo as cousas sinxelas, non en van o Cáceres loita pola permanencia e chegaba con tan só dúas victorias no seu casilleiro.

Nunca perigou o triunfo dun Extrugasa que foi sempre por diante no marcador, grazas a un parcial inicial de 8-0. Nos primeiros minutos o acerto das locais no lanzamento foi total ó igual que o dominio no rebote, axudadas pola inoperancia visitante. Así as cousas, ós dez minutos o partido estaba case que resolto co 32-15 que reflectía o marcador.

A vantaxe foise por enriba dos vinte puntos antes do descanso despois dun segundo cuarto que se converteu nun auténtico correrúas. A diferencia no parou de medrar trala pausa e acabou sendo de 38 puntos ó remate.

De destacar foi a actuación colectiva do conxunto de Tito Díaz en defensa. A nivel individual a mellor foi Cristina Souza que rematou con 28 de valoración: 20 puntos, 5 rebotes e 5 roubos de balón. Tamén raiou a gran altura Veselka Todorova con 14 puntos e 6 rebotes.

O partido permitíu ademais que Díaz puxese en liza a dúas xogadoras do equipo junior. A escolta Mar Doval e a pivot senegalesa Amy Nedeye. Ambas desfrutaron de algo máis de cinco minutos en pista.

Redacción Salnés