A Illa das Esculturas acollerá a campionato galego de campo a través adaptado

Pontevedra> Mañá mércores 22 de febreiro a Illa das Esculturas de Pontevedra acollerá o campionato galego de campo a través adaptado. Unha cita que conta con 190 inscritos de 14 clubs de atletismo galegos. O obxectivo principal desta iniciativa é, tal e como dixeron esta mañá os seus organizadores, desfrutar do atletismo e visibilizar o deporte adaptado. Maña mércores 22 de febreiro a Illa das Esculturas encherase de actividade coa celebración do Campionato galego de campo a través adaptado. Unha activdiade que contará coa participación de 190 mozos, de 14 clubs da nosa comunidade e que competirán en 12 categorías diferentes. Dende o club que xoga na casa, dende o club de XOÁN XXIII competirán con 29 deportistas, o obxectivo non é outro que dar visibilidade ao deporte adaptado. Un dos participantes nesta proba dixo que era un orgullo para él poder competir na súa cidade nun campionato galego. Mañá mércores dende as 10:30 e ata aas 13:30 que terá lugar a entrega de medallas poderán desfrutar deste campionato de campo a través adaptado na Illa das Esculturas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/deporte_adaptado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/21/deporte_adaptado.mp4{/flowplayer}