Arousa e Sanxenxo asinan táboas na Lomba

VILAGARCÍA> O outro derbi da xornada vivíuse en Vilagarcía onde Arousa e Sanxenxo empataron sen goles, nun encontro aburrido. Tamén empatou o Cambados na súa visita a Nigrán, un partido que os amarelos o tiñan gañado a pouco do final.

{flowplayer}images/salnes/preferente_270910.flv{/flowplayer} 

Arousa e Sanxenxo empataron sen goles na Lomba nun partido no que os dous conxuntos preocupáronse máis por manter a súa portería a cero que por atacar a do adversario. Os de Calucho optaron como única arma ofensiva polos balóns aéreos, onde Diego Blanco puido gañarlle a partida á defensa local. Pero ningún dos seus remates acabou no fondo das mallas. O máis claro foi este onde Solla se lucíu. O xoven porteiro vilagarcián aínda non sabe o que é recibir un gol na Lomba.

O Arousa optou polo xogo combinativo pero nunca atopou espacios suficientes como para crear perigo. De feito a súa mellor ocasión chegaría tamén a balón parado. Vixo manda o coiro ó corazón do área e Sabarís remata fóra por pouco.

Antes do pitazo final o propio Vixo víu o vermello directo despois de enzarzarse con Sáez na loita por un balón. A patada desmedida do centrocampista arlequinado provocou unha pequena tangana, aínda que ó final reinou o fairplay.

Este punto mantén ó Arousa na parte media da táboa mentres que o Sanxenxo quédase no vagón de cola con tres puntos en cinco partidos. A semana que ven Choco-Arousa e Sanxenxo-Atios.

O Cambados sumou un punto importante na súa visita ó Nigrán (3-3). Con todo os de Ángel Oliveira tiveron a victoria no peto. Unai, na primeira parte, e Pénjamo, na segunda, igualaron as vantaxes que cobraran o locais. A dez para o remate Aarón puxo o 2-3 pero Borja Fernández, preto do noventa, forzou o reparto de puntos. O Cambados recibirá a semana que ven ó Rápido Bahía.

Redacción Salnés