Catro podiums para o Fontecarmoa en Padrón

SALNÉS> Catro xogadores do Club Xadrez Fontecarmoa conseguiron subir ó podium no Torneo Federativo que se celebrou estes días en Padrón. Dous deles en categoría promesa, Andrés Rodríguez e Raúl Vázquez, e outros dous en cadetes, co ouro e a prata acadadas por Lucas Abal e Luis Segura.

Excelente actuación dos xadrecistas do Fontecarmoa, que meteron catro xogadores nos postos de podium no Torneo Federativo que se celebrou durante estes días en Padrón. Nos máis pequenos, a categoría Promesas, o novo campión galego é Andrés Rodríguez Ferreirós, que dende hai tempo xa despuntaba como un dos grandes valores da canteira do Fontecarmoa. O seu compañeiro de club, Raúl Vázquez Brea, acadou un meritorio terceiro posto e colgouse o bronce. Artai Fernández rematou séptimo e o resto de xogadores do club vilagarcián acadaron posicións intermedias.

En benxamíns a mellor posición foi o sexto posto de Óscar Victorero, mesma posición que acadou Marcos Boo en alevíns, que finalizou xusto por diante do seu compañeiro Jorge Segura, séptimo.

A categoría cadete foi de novo a máis proveitosa para o Fontecarmoa grazas ó dobrete acadado por Lucas Abal e Luís Segura, con diferencia os mellores xogadores da categoría. Ouro e prata a estes dous xadrecistas que non paran de sumar títulos ó seu palmarés.

Na categoría absoluta participou o xoven de 13 anos Julio Suárez, que sendo xa campión galego sub-14 quixo afrontar este novo reto de medirse ós mellores. A súa actuación foi para enmarcar. Chegou á última rolda con opcións de victoria. Para iso denía impoñerse ó número 1 do ránking, o Mestre Internacional Pablo García, pero tras catro horas de loita, sucumbíu ante a maior experiencia do seu contrincante. Unha derrota que relegoulle á séptima praza final. Ademais, Gonzalo Bouza Brey rematou no posto 35, Adrián Betanzos no 53 e Samuel Charlín no 65.

A competición sigue para os xadrecistas vilagarciáns que este vindeira fin de semana afrontarán a décima xornada ligueira nos locais da Casa da Xuventude.

Redacción Salnés