A Xunta amosa os ‘luxosos despachos’ do bipartito

    obras_xunta_100_190509.jpgSANTIAGO> Foi unha das actuacións máis polémicas do Goberno liderado polo socialista Emilio Pérez Touriño e tema de controversia electoral.

    {flowplayer}images/salnes/190509_obras_xunta.flv{/flowplayer}

    O ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizaba estas declaracións poucos días antes de celebrarse as eleccións autonómicas. Na entrevista concedida a esta canle, Touriño desmentía unha vez máis as acusacións de despilfarro vertidas pola oposición. O motivo de controversia: a reforma das salas do consello da Xunta. Por aquel entón culpábase ó bipartito de ter investido millóns de euros na remodelación dun despachos famosos polo seu luxo e a instalación de equipos de última tecnoloxía. Agora, o novo goberno autonómico do Partido Popular abre as portas destas instalacións para amosar ó público o alcance das obras. Trátase de dúas salas de Consellos e unha de prensa. O salón de Consellos número un dispón de 19 postos de traballo, cada un deles dotado cun monitor e unha pantalla táctil na que se pode escribir de xeito dixital. O arquitecto encargado do proxecto, Víctor López Puga, explicou algúns dos detalles das obras.

    A estancia posúe tamén unha parede de vidro que dá a un xardín interior. Mediante un mando, o cristal pode cambiarse de modo transparente a opaco para evitar que desde fóra se vexan as reunións que se estean celebrando neste espazo. No teito tamén hai un lector de documentos e cámaras que rexistran todo o que aconteza nestas estancias. A segunda sala de consellos, de menor dimensión, está dotada co mesmo equipamento, mentres que a de prensa dispón de conexións de audio, un sistema de cámaras profesionais para gravar as roldas de prensa e unha cabina de tradución.

    Redacción Salnés