O PP intentará ‘reconducir’ o custe das salas de Consellos

    reaccion_obras_xunta_100_190509.jpgSANTIAGO> O Executivo autonómico estuda o expediente das obras para rebaixar os case 4 millóns de euros de orzamento licitados polo bipartito.

    {flowplayer}images/salnes/190509_reaccion_obras_xunta.flv{/flowplayer}

    Ante a polémica que estaba a suscitar a reforma dos despachos de Presidencia, o anterior Executivo autonómico decidiu facer unha rebaixa na partida destinada a mobiliario. Segundo os datos que baralla a actual Xunta, dos 235.000 euros que o bipartito pensaba investir pasouse a 65.000. O obxectivo era aforrar custos, pero, segundo os populares, esta rebaixa non se reflectiu no orzamento xeral, que seguiu roldando os catro millóns de euros. É por isto que a Xunta está estudando o expediente da obra.

    Trala apertura dos despachos ós medios de comunicación, a reacción do partido socialista non se deixou agardar. O PSOE explicou que as modificacións orzamentarias deben reflectirse na certificación final da obra, un trámite que corresponde á actual Consellería de Presidencia. Os socialistas apuntan así á actual Xunta como a responsable de aclarar as contas e intentan facer ver que as obras contan co seu visto bo, ó declarar que Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, visitou as instalacións ó día seguinte de tomar posesión do seu cargo.

    Redacción Salnés