VILAGARCÍA> O Monte Xiabre será o escenario dun trail e andaina solidarios o vindeiro 8 de marzo. Detrás desta proposta está o Club Tríatlon de Vilagarcía, que aproveitará as distintas rutas marcadas pola zona para desenvolver estas probas. O recadado irá destinado a Equipo Nómada, colectivo que aproveitará estes fondos para intervir a 18 nenos saharauis con pé zambo, unha malformación cun fondo estigma social.
O Club Tríatlon de Vilagarcía impulsa a primeira edición das Trizancadas Solidarias polo Monte Xiabre. A dobre cita deportiva, trail e andaina, terán lugar o vindeiro 8 de marzo. O prazo de inscrición abriu este venres.
O colectivo para o que van destinados estes fondos é Equipo Nómada, unha asociación sen ánimo de lucro centrada no ámbito sanitario. Neste caso, o proxecto para o que van destinar os cartos permitirá intervir 18 nenos con pé zambo, unha malformación cun fondo estigma social.
O concello de Vilagarcía colabora con este trail e andainas solidarias. Dende o goberno local destacan ademais o atractivo das probas dende o punto de vista deportivo e de promoción turística, xa que as probas discorrerán polas distintas rutas marcadas na zona.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo.








