![]()
VILAGARCÍA> A Comunidade de Montes paralizou as obras de mellora do camiño, que acometeu o Concello.
O camiño do Tallón permite o aceso ás veigas limítrofes, dende hai máis de 70 anos. Este é o único camiño para chegar ás tres casas que se construíron na zona e onde residen varias familias. Que levan loitado máis de 25 anos, para que se mellore a entrada ós seus fogares. Cando os afectados conseguiron que o concello asfaltara a pista, a comunidade de montes paralizou as obras.
Os veciños reuníronse coa comunidade de Montes de Bamio hai dúas semanas coa intención de chegar a un acordo. Os comuneiros ofreceron ós veciños construír un camiño, nunha zona pedregosa, paralela ó acceso actual. Unha oferta que os veciños non están dispostos a aceptar. TO
Segundo os afectados, un comuneiro chegou a pedir un terreo privado, ós veciños, a cambio de ceder o camiño de aceso ás tres vivendas.
Os residentes nas tres vivendas afectadas contan co apoio doutros veciños da parroquia.
Os afectados piden que o tema se discuta na asemblea da Comunidade de Montes de Bamio, para acadar unha solución que permita mellorar o aceso ás súas vivendas.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/200509_vecinos_bamio.flv{/flowplayer}









