O PSOE pide a nulidade do concurso das pistas de padel

    VILAGARCÍA> Os socialistas presentaron no rexistro do concello un recurso de reposición contra a colocación do padel en Fexdega.

    {flowplayer}images/salnes/PsoePistasPadel_021112.flv{/flowplayer} 

    O PSOE de Vilagarcía pide a nulidade e que queden sen efecto os acordos tomados na reunión do Padroado de Fexdega polos que sae a concurso a concesión do espazo para as pistas de padel no recinto.

    Os socialistas, aluden que o procedemento non se axusta á legalidade por tres motivos principalmente. O primeiro, porque vai contra o principio de libre competencia.  Outra das alegacións é polo proceder de urxencia, que din non estar xustificado.Os socialistas engaden que o prezo polo que será concedido o espazo de 2.050 metros cadrados, a un euro por metro e mes, é irrisorio. Pensan que hai intereses persoais detrás deste concurso. 

    Tania García asegurou que se non consiguen paralizar o proceso deste xeito, acudirán ós tribunais pola vía do contencioso administrativo.

    Redacción Salnés