A Xunta celebra o Consello de Goberno en Pontevedra

    feijoo_consello100.jpgPONTEVEDRA> Na sesión aprobouse unha redución do 50% dos impostos sobre transmisións patrimoniais para familias numerosas e menores de 35 anos.

    Uns 500.000 galegos poderán beneficiarse desta rebaixa de impostos, ó comprar unha vivenda destinada ó domicilio habitual. O presidente asegura que se trata dunha medida excepcional, por mor da crise económica, que se retirará, cando mellore a situación da economía.

    Sobre a lingua, Núñez Feijoo aposta polo bilingüismo e a liberdade. A Xunta elaborará un novo decreto do idioma para os centros educativos, baseado en enquisas que se van facer nos centros escolares, de cara ó vindeiro curso.

    O consello de Goberno nomeou ó novo director da compañía de radio e televisión pública. O xornalista e profesor universitario, Alfonso Sánchez Izquierdo, será o novo responsable da CRTVG. Nun proceso consensuado, segundo o presidente, e unilateral, segundo a oposición.

    No consello da Xunta de hoxe aprobaronse axudas públicas destinadas ós agricultores, na loita de pragas; e ós empresarios que invistan en innovación. Tamén se autorizaron as axudas destinadas ós estudantes con excelencia académica.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/210509_consello_xunta.flv{/flowplayer}