Concluída a investigación da ribeirense queimada en Aveiro

    RIBEIRA> A falecida tiña 30 anos.

    A medida que pasan as horas, vanse descubrindo máis detalles do estraño suceso coñecido onte, a aparición dunha moza de Ribeira queimada na cidade lusa de Aveiro. A Policía descarta o crime e a morte accidental, segundo apunta La Voz de Galicia. Parece ser que Marisol Martínez, veciña de Castiñeiras, adquiriu unha gran cantidade de alcol nunha farmacia o día antes do seu falecemento. Foi atopada nas inmediacións dunhas pistas de tenis, parcialmente espida e con prendas queimadas ó seu redor.