Éxito de participación na concentración moteira dos Reventapistóns

RIBEIRA> Centos de moteiros, na súa maioría chegados dende diferentes puntos da xeografía galega, pero tamén algún de fóra, tanto de ámbito nacional como mesmo de Portugal, déronse cita esta pasada fin de semana en Ribeira para participar na concentración moteira organizada polo Club Os Reventapistóns.

O bo tempo desta fin de semana, e o atractivo das actividades programadas pola organización, foi unha das principais razóns de tanto éxito.

O punto de encontro situouse no paseo de Coroso, nas inmediacións do pavillón polideportivo.

Alí tiña lugar o sábado a sesión vermú con mexillóns, empanadas e mercadiño moteiro, ademais da actuación do grupo Drippers de Nando LLon.

Ó longo da xornada desenvolvéronse tamén exhibicións de coches de radiocontrol e de ‘freestyle’ a cargo de diversos pilotos.

Non faltaron tampouco as rutas pola comarca, que tiveron lugar tanto o sábado como o domingo, sen esquecer tampouco a homenaxe ós moteiros falecidos coa peregrinaxe de antorchas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí