{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/falecido_incendio_pobra2511151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/falecido_incendio_pobra251115.mp4{/flowplayer} POBRA> Todo apunta a que a vítima, que residía na rúa da Igrexa, faleceu debido a unha inhalación de fume. Ó parecer o lume iniciouse ó redor das seis desta mañá. Foron os propios veciños da vítima os que alertaron ós equipos de emerxencias, que rápido se trasladaron ó lugar, sendo ademais os primeiros en iniciar os labores de extinción do incendio. Ademais de efectivos do parque de bombeiros de Ribeira e de Boiro, ata o lugar do suceso achegáronse tamén efectivos da Policía Local e de Protección Civil, así como tamén Garda Civil. Precisamente membros da policía xudicial encárganse agora da investigación. As primeiras hipóteses apuntan a que o octoxenario, que vivía só na vivenda, puido falecer a consecuencia da inhalación do fume orixinado no incendio.
Inicio A Pobra