O BNG do Salnés presenta a súa campaña ós comicios europeos

    europeas_100.jpgVILAGARCÍA> O Bloque Nacionalista Galego do Salnés presentou esta tarde a campaña e o programa electoral que vai a desenvolver de cara os vindeiros …

     {flowplayer}images/salnes/200509_campana_europeas_bng.flv{/flowplayer}

    …comicios europeos. Baixo o lema de Imos a Europa, Ves? este colectivo presenta a candidata Ana Miranda, que formará parte da coalición Europa dos Pobos, da que tamén forman parte Esquerra Republicana de Cataluña, Eusko Alkartasuna, Aralar e a Chunta Aragonesista, así como Entesa per Mallorca e Los Verdes. O BNG chama á participación da cidadanía nos vindeiros comicios do sete de xuño, posto que entende que Galicia se xoga moito nestas eleccións, dado que moitas das decisións que afectan a esta terra derivan de directivas e normativas europeas.

    A equipa nacionalista pretende poñer en marcha a partir de mañá unha intensa campaña política para facer oír as súas propostas. Esta campaña contará con varios encontros electorais e mitins. O máis destacado na comarca, será o que se celebre o vindeiro venres día 29 na praza de Peixería. Alí, ás oito e media da tarde intervirán persoeiros como Guillerme Vázquez, Xosé Castro Ratón e a propia candidata Ana Miranda.

    No mesmo, a equipa nacionalista defenderá as súas liñas programáticas que se resumen en catro liñas básicas de actuación: a primeira delas á aposta polos sectores productivos autóctonos, como o mar ou o agro; defender os dereitos sociais e laborais; apostar pola valoración de culturas minorizadas a nivel europeo; e a aplicación dunhas relacións laborais baseadas na existencia pacífica.

    Con estas directrices, o BNG pretende crear unha nova Europa na que se escoita a voz de Galicia, fronte ás posturas dos dous partidos maioritarios a nivel estatal, o PP e do PSOE, que os nacionalistas coidan que só queren converter estes comicios nunha especie de primarias ou anticipo do que van a ser as próximas eleccións a nivel nacional.

    Redacción Salnés