A Xunta aumenta o máximo de ocupación na hostalería a 6 persoas no interior e 10 no exterior

XUNTA> A Xunta de Galicia aumentará o máximo de reunións en locais hostaleiros a 10 persoas no exterior e 6 no interior. Así o comunico o presidente da Xunta trala reunión mantida onte no comité clínico. As novas normas inclúen tamén o aumento da capacidade de ocupación ata o 75% en comercios e actividades culturais e profesionais.

O descenso no número de casos activos e o aumento da vacinación da comunidade galega, levan ao comité clínico a flexibilizar as medidas sanitarias naquelas vilas que se atopen no nivel medio ou baixo. A principal norma afectará a hostalería, a partir do sábado aumentarase o máximo de persoas que poidan reunirse nos locais.

Outra das novidade é o aumento da capacidade de ocupación nos comercios e actividades culturais e deportivas.

A última das grandes medidas ten que ver coas residencias. Os residentes poderán sairán dos centros todos os días.

En canto á vacinación tamén hai novidades. As persoas que recibiron a primeira dose de AstraZeneca poderá escoller a marca que queira para a segunda. Segundo o presidente da Xunta, o 82% dos vacinados prefiren continuar coa mesma vacina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí