O ciclismo volve a Pontevedra coa Copa de España

ciclismo250_210509.jpgPONTEVEDRA> O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación da proba da Copa de España de cilismo que se celebrará en Pontevedra este domingo. Máis de 160 corredores de 23 equipos de todo o país tomarán parte nesta carreira que porá o peche á competición.

A Copa de España de Ciclismo, para categoría elite sub-23 foi presentada hoxe no Pazo Provincial polo deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, que estivo acompañado entre outros, polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo.

Trátase da única carreira desta competición organizada Federación Española de Ciclismo que se celebra en toda Galicia. Será a que poña ó peche a unha Copa que ten dono dende hai semanas, Jorgé Martín Montenegro. Pese a todo a carreira preséntase moi competida.

Con saída e chegada na Alemeda de Pontevedra, os 161 corredores superarán varios portos de montaña para completar un percorrido calificado como duro.

Participarán 23 equipos, sete deles galegos, co Superfroiz á cabeza. No plano individual, haberá que estar pendentes das evolucións de corredores como Aser Estevez, do Spol Caixanova ou Gustavo Rodríguez do Cidade de Lugo. Dende fóra chegarán equipos doutras once comunidades autónomas que tentarán evitar a victoria dos ciclistas galegos.

Esta proba repite en Pontevedra, algo do que están satisfeitas ambas partes; Federación Galega e Deputación, que teñen asinado un convenio para traer máis probas de nivel á provincia.

Os ciclistas tomarán a saída contra ás 10:00, rodarán cara a zona de Vigo e darán volta para completar os 148 quilómetros que os deixarán de novo na Alameda pontevedresa contra as 13:45.

Redacción Salnés