RIBEIRA> Lonxe de solucionarse, o problema derivado da falla de médicos na maioría dos centros de saúde do Barbanza semella que se agrava co paso dos días.
De nada parecen servir as medidas coas que o Sergas pretende solucionar esta situación coa proposta de que médicos con segunda residencia na comarca traballen aquí durante a tempada estival.
Mentres se agarda pola posible incorporación dos MIR, no centro de saúde de Ribeira hoxe faltaban sete facultativos, o que fai practicamente insostible esta situación, repercutindo na calidade asistencial.
Pero Ribeira non é o único problema.
O persoal teme que a situación se agrave coa chegada do verán, e o aumento do número de pacientes.
Pero o problema tamén afecta ó PAC.
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza din que continuarán coas protestas ante a saturación da atención primaria, na busca dunha solución, recollendo sinaturas e axudando a pacientes a presentar alegacións particulares.











