O control de gálibo en Alba impide o paso dos camións ó matadoiro

    galibo_alba100.jpgPONTEVEDRA> Solo pasou un día dende a instalación da infraestructura e xa  chocaron contra o control tres vehículos que superan a altura permitida.

    Esta imaxe repetiuse ata en tres ocasións, en pouco máis de 24 horas. Os camións quedan atrapados no control de gálibo, que limita o paso de vehículos de máis de 3.40 metros de altura. A situación é perigosa porque os vehículos que quedan atrapados teñen que manobrar marcha atrás, co risco que isto supón para o resto dos vehículos que circulan pola estrada. A altura límite está indicada nun sinal, colocado na entrada a esta estrada secundaria. O deterioro do panel e o despiste dos condutores provoca o atranco dos camións.

    RESTRINXIDO O PASO Ó MATADOIRO

    A entrada ó matadoiro municipal está situada entre a ponte de Alba, e o control de gálibo. As instalacións impiden o paso dos vehículos con máis de 3.40 metros de altura. Unha medida que superan moitos dos camións de ganado e frigoríficos, que se achegan ás instalacións.

    Os responsables do matadoiro dirixíronse á Xunta para informar do illamento destas instalacións pero polo de agora non teñen resposta algunha da Administración.

    A Xunta colocou o control de gálibo para evitar o choque dos tráiler contra as instalacións da ponte do tren. No último mes, dous camións quedaron atrapados e causaron importantes danos na estrutura. O que obrigou a cortar, a circulación ferroviaria, entre Vilagarcía e Pontevedra, ata en dúas ocasións.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/260509_problemas_galibo_ponte_alba.flv{/flowplayer}