O Concello rematará este ano a urbanización da rúa Narciso Pérez

    obras_san_tome100.jpgCAMBADOS> O Concello, coa Xunta e o Estado, rematará este ano a urbanización da rúa Narciso Pérez, en San Tomé.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_SAN_TOME.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O convenio de colaboración do Concello de Cambados, Xunta e Estado permitirá completar este ano a urbanización da principal rúa que atravesa o barrio mariñeiro de San Tomé.

    As obras consistirán na mellora dos servizos urbanísticos na rúa Narciso Pérez. Renovaranse as beirarrúas con lousas de pedra, colocarase adoquín de granito no eixo central da calzada, revisaranse as redes de saneamento e abastecemento de auga e instalarase alumeado público.

    A primeira fase financiarase con cargo ó Plan Estatal de Investimento Local, cun investimento de 228.000 euros, e desenvolveranse no tramo que vai entre o asilo de anciáns e o cruce coa avenida de Galicia. A segunda fase prevese realizala tamén este ano, entre o edificio do asilo e a praza de Narciso Pérez, onde xa se efectuaran obras anteriores de remodelación.

    O orzamento total deste segundo tramo de urbanización achégase ós 130.000 euros cunha achega municipal do 45 por cento do custe. As administracións central e autonómica aportarán o restante 55 por cento.

    Redacción Salnés