Rueda supervisa as obras de mellora na rede de abastecemento de Porto do Son

PORTO DO SON> O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou as obras realizadas en Porto do Son con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental. O concello investiu preto de oitenta mil euros na mellora da estación de tratamento e na rede abastecemento de auga para poñer fin ós problemas no subministro.

As obras acometidas este ano con cargo ó fondo de compensación ambiental supuxeron o cambio dun treito da rede de abastecemento de aproximadamente oitocentos metros liñais así como a mellora e actualización dos cadros técnicos.

Este investimento de oitenta mil euros permitirá non só mellorar a eficiencia enerxética, ó reducir os custos de bombeo, senón tamén garantir o subministro naqueles picos de maior demandan nos que se viñen rexistrando cortes no servizo..

A intención do concello é seguir mellorando o servizo posto que entre os proxectos a realizar na próxima convocatoria dos fondos de compensación ambiental figura a mellora da ETAP de Portosín

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí