Boiro suma esforzos para loitar contra a violencia de xénero

    mesaviolencia_100_260509.jpgBOIRO> Este martes creouse a mesa de traballo sobre a violencia de xénero que se reunirá de xeito periódico para loitar conxuntamente contra o maltrato.

    {flowplayer}barbanza/mesaviolencia.flv{/flowplayer}

    A primeira das xuntanzas para conformar a mesa de traballo celebrouse este martes no concello de Boiro. O encontro estivo presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño, na compaña do seu equipo de traballo e a xefa do servizo sobre Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Pilar González. Tamén asistiron representantes da Policía local e da Garda Civil.

    Na reunión acordouse seguir mantendo encontros, con carácter mensual ou bimensual, para deseñar mecanismos de axuda ás vítimas do maltrato e poñer en marcha campañas de sensibilización.

    Coordinar esforzos

    Ademais da colaboración cos corpos de seguridade, estas mesas pretenden implicar ó ámbito xudicial para axilizar os procesos así como ós profesionais da sanidade e educación coa fin de detectar os casos de violencia de xénero.

    Estas mesas de traballo en contra da violencia de xénero xa están amplamente implantadas nas provincias de Pontevedra e Ourense. Na Coruña, Boiro é o sexto concello que se integra nesta rede e o obxectivo é extendela por toda Galicia.

    Redacción Barbanza