O Kayak Tudense vence no Grove por diante de As Torres

piraguismo250_260509.jpgGROVE> O Club Kayak Tudense foi o vencedor final da terceira proba da Copa Galega de Ríos e Travesías disputada esta fin de semana no Grove. Os de Tui aventaxaron en tan só seis puntos a As Torres de Catoira, que foi segundo. O piraguismo a Illa completou o podium ó rematar terceiro.

Preto de 300 padexeiros de 27 clubes de toda a rexión déronse cita esta fin de semana no Grove para disputar a terceira proba da XIV Copa Galega de Ríos e Travesías – XXII Copa Xunta de Galicia. A proba foi organizada polo club local, o Breogán, e pola Federación Galega de Piragüismo.

O gran triunfador por equipos foi o Kayak Tudense, que adxudicouse a competición logo de sumar 215 puntos, seis máis que As Torres Romaría Vikiga de Catoira. Por detrás deles rematarían A Illa e Breogán, terceiro e cuarto, respectivamente.

Por categorías, en cadete masculino, no k-2 venceron Diego Otero e Brais Villar, do Unión BRT.

No c-2 leváronse o triunfo Juan Carlos Varela e Brais Casás, do Náutico o Firrete. Completaron o podium Cudilleiro e Lombera, e Brais Martínez e Daniel Gómez, de As Torres.

En xuvenil, no k-2 masculino, Marcos González e André Corredoira, do Club Fluvial de Lugo, foron primeiros por diante de Juan Luis Oubiña e Miguel Suárez, do Club Piragüismo Illa de Arousa.

En k-2 Muller Xuvenil, Lara Díaz y Tania Álvarez, do Club Breogán de O Grove impuxéronse por cuatro segundos a Marta González y Melany Soledad Egan, do Club As Torres-Romería Vikinga de Catoira. Terceiras foron Lidia Bayón y Auria María Piñeiro, da Illa.

Carlos Méndez e Iván González, do Club Kayak Tudense, venceron no c-2 Home Xuvenil; Rubén Bayón e Adrián Pérez, do Club Piragüismo Illa de Arousa asinaron un segundo posto. A parella do Breogán Adrián e Jacobo Domínguez, foi terceira.

En k-2 Senior, a victoria foi para Antonio Polo y Carlos Pedreira, do Club Piragüismo Grupo Xuvenil.. Silvia Rodríguez y Diana Freiría, do Club Kayak Tudense, foron campionas en categoría femenina.

Finalmente, no c-2 Senior Cristian Rivademar y Sami Grigore, del Club Breogán de O Grove,impuxéronse na proba raíña, e ademias na súa terra. Óscar Graña e Juan Ramón Bayón, da Illa, foron segundos.

Redacción Salnés