Nova derrota do Est.Otero ante un rival directo

tenisdemesa250_130110.jpgCAMBADOS> Non foi esta unha boa xornada para o Establecimientos Otero de Cambados que perdeu na Coruña ante un rival directo, o Club de Mar. O Caixanova pola súa parte sacou un importante triunfo ante o Gigia.

Estes días disputáronse a décima xornada nas ligas nacionais e a undécima nas galegas. Na División de Honra, o Establecimientos Otero tróuxose unha decepcionante derrota por 4-3 da súa visita ó Club de Mar, un rival directo pola permanencia que agora se distancia dos cambadeses.

Unha das claves do encontro estivo na inesperada derrota de Liu Junhui ante Zhao Quiang que puxo as cousas costa arriba. Sen embargo o Establecimientos Otero remontou, púxose 3-2,  e con disposición de pechar a cuarta victoria da temporada cando no sexto partido Eduardo Barreiro impoñíase a Juan Enseñat por 2 sets a 1. Non puido concretar e no séptimo punto, o dobres decidíu para o Club de Mar.

Os cambadeses quédanse séptimos na xeral, con tres victorias en dez partidos, fóra dos postos de descenso pero preto deles, e sabedores de que o vindeiro partido afrontarano contra outro rival directo: visitan o penúltimo na xeral, o Santa Eularia.

En Pirmiera Nacional o Caixanova Cambados acadou unha victoria de vital importancia ante o Gigia por 4-2, co que recupera esperanzas de salvación. Coa ausencia de Alexis Tovar, Miguel Chaves, que actúa en primiera galega, ocupou o seu posto e sumou un importante punto para os cambadeses. Ñajo e Fernando Padín fixeron o resto. Están agora penúltimos na táboa, a unha victoria da permanencia. Líderes son os vilagarciáns do Liceo Casino que tamén se impuxeron por 4-2 ó Gigia.

En Primeira Femenina foi aprazado o encontro que debían disputar Caixa Galicia Cambados e Club San Xoán por problemas de desplazamento do equipo ferrolán.

Nas ligas autonómicas déronse estes resultados: na Primeira; Charol 3 –  4 Ferretería Vincios; Grupo Barros 3 – 4 Lalín; Joyería Enrique 5 –  2 Charol; na Terceira galega Arteal 1 – 6 Chinelas.

Redacción Salnés